|
Xa temos novas do III Torneo Internacional EF Lalín. X atemos as datas tanto das fases previas coma da fase final. Este ano temos 3 previas en Semana Santa e a fase final en xuño. As datas son:
|
FASE PREVIA 1
|
FASE PREVIA 2
|
FASE PREVIA 3
|
|
XOVES 5 DE ABRIL
|
VENRES 6 DE ABRIL
|
SÁBADO 7 DE ABRIL
|
|
FASE FINAL
|
SÁBADO 9 E DOMINGO 10 DE XUÑO
|
Toda a información relativa ao Torneo iremos colgándoas no Facebook creado para o evento.
http://www.facebook.com/#!/pages/Torneo-Internacional-Infantil-Ef-Lalin/343808385639028
Consultádeo. |
|
Comenzan as segundas fases das ligas Infantil, alevín e benxamín. Esta semana os INfantís de Liga Galega descansarán para o fin de semana do 4 de febrero empezarán a loita por evitar o descenso fronte ao Santiago de Compostela. Por un so punto temos que disputar esta fase e non puidemos entrar na liga polo título. Agora a evitar os dous últimos postos que nos mandarían a primeira autonómica. O calendario enteiro podedes consúltalo neste enlace:
http://www.futgal.com/index.php?sec=resultados&del=1&categoria=4315&grupo=191023&jornada=&c1=1
As que xa empezan esta semana son as categorías de f-7. Tanto benxamíns como alevíns terán duros enfrontamentos. Os alevíns que loitan polo título xogarán na casa fronte a Arzúa, Callobre A e Sp. Estrada A, (equipos A, B e C respectivamente), nada máis e nada menos. O equipo D que loitará pola Copa terán como rivais ao Callobre B. Os benxamíns tamén comenzan con dureza. O equipo A xoga contra o Cruces, único rival que conseguiu vencernos na primeira fase. O equipo C terá que viaxar a Trasdeza para enfrontarse co Silleda, outro dos candidatos á victoria final. Partidazos. Os benxamins que buscarán a Copa empezan a súa andadura fronte Callobre C (equipo B) e San Mamede (equipo D).
Os calendarios destas ligas tédelos pinchando nestes enlaces e pronto no apartado de resultados liga do menú.
1º Alevín grupo 5º título: http://www.siguetuliga.com/base/?s=liga&id=363
1º alevín grupo 5º copa: http://www.siguetuliga.com/base/?s=liga&id=367
1º benxamin grupo 6º título: http://www.siguetuliga.com/base/?s=liga&id=361
1º benxamin grupo 6º copa: http://www.siguetuliga.com/base/?s=liga&id=362 |
|
Novas -
Alevíns
|
|

Partido disputadísimo o que se viu este domingo en Lalín, fronte a EF Luis Calvo, na categoría alevín F-11. Segundo partido do torneo Luis Calvo onde nos tocaba enfrontarnos ao anfitrión. O encontro foi igualado, con poucas ocasións para os nosos e practicamente ningunha para os visitantes. Moitos erros en medio campo, moita presión por parte de ámbalas dúas escadras fixo que o partido fose deslucido, con pouco xogo combinativo e búsqueda máis directa do punto (ainda que os adestradores solicitaban máis calma, máis posesión). Nos afrontamos o partido con dous xogadores con febre (Joselu e Álvaro), algo que se notou sobre todo no ataque. O inicio foi de dominio alterno. Custábanos aos dous manter a posesión e buscabamos con excesiva premura ao punta. A partir de esas accións xurdiron as nosas ocasións: un pase da morte de Joselu que Guille non conseguiu rematar con claridade e un tiro desde a frontal de Guille moi blando. E o gol, que chegou nun pase á espalda dos centrais que Joselu (axudado pola man) foi quen de controlar e batir ao porteiro rival cun tiro coa zurda. E con 1-0 rematou o primeiro tempo. Na segunda, máis do mesmo. Pouco fútbol e moita intensidade. Ningún dos equipos decaeu co cansancio, o que fixo que mantiveramos o mesmo nivel ata o final. As ocasións seguía a ser nosas, sobre todo a partir do cambio de plantexamento do rival que pasou a xogar con 3 centrais. Aí chegaron as tentativas, sen éxito, de Franchi, nun man a man, Santi Garrido de falta, Benito que se quedou so diante do porteiro e deixouse arrebatar o balón por non rematar coa esquerda e, a máis clara, de David que despois de desfacerse de dous rivais se plantou so fronte ao porteiro, pero que rematou desde o borde da área (e desde aí non somos eficaces ainda) chegando o balón mansiño as mans do porteiro. Partido feo, pero de verdade, onde tivemos que empregarnos a fondo para que os 3 puntos quedaran en Lalín. Destacar do partido aos nosos centrais (Martín e Manu) e a Santi Garrido (espectacular en medio campo) e por parte dos rivais aos seus centrais tamén, rápidos e seguros e a habilidade dos seus homes de ataque (ainda que non foron quen de gañarnos desta vez nos 1x1). No aspecto negativo, destacar a dura entrada de Guille que lesionou a Diego Rodríguez que non puido seguir xogando. Mirade, se queredes, a crónica dos rivais visitando este enlace:
http://www.escolaslcalvo.com/index.php?option=com_content&view=article&id=3519:derrota-en-lalin-del-alevin-f11&catid=3:newsflash&Itemid=1
A seguinte xornada será en Elviña, o domingo ás 12.00 fronte ao Imperátor, que tamén leva 6 puntos. Outro partido vital.
|
|
Novas -
Alevíns
|
|
Rematou a primeira fase do campeonato alevín. E como non, con gran éxito deportivo. Ainda que somos conscientes de que esta fase so era clasificatoria, estamos moi contentos da clasificación final. Así conseguimos meter 3 equipos entre os 8 mellores, quedando EF Lalín A 1º, EF Lalín B 2º e EF Lalín 7º. O cuarto equipo, EF Lalín D, quedou no posto 13 de 18, competindo moi ben cada xornada. Nesta semana o equipo A descansaba e o equipo B se desfacía sen problemas do Silleda, cun marcador de 9-1. O equipo D tiña unha difícil papeleta fronte ao Callobre A, un dos mellores da primeira volta. Fixemos unha moi boa primeira metade, onde os cambios case non se notaron e cun gran Uxío baixo paos, que fixo que chegaramos cun 0-2 ao descanso. Na segunda metade, unha baixada de brazos xeral, permitiulle ao Callobre ter un plácido encontro. 0-8 final que fixo xustiza ao visto no campo. Pero o partido da xornada era o do EFL C e Sp Estrada C. Mal partido dos nosos (ainda que Adrián Cuñarro estivo impresionante), pero onde conseguimos empatar 2-2. Clasificados para a loita polo título, que era o que buscabamos nesta xornada, ou sexa, obxectivo cumplido. Esta semana comenzamos as diferentes fases: loita polo título (equipos A, B e C) e pola Copa (equipo D). E empezamos fortes: EFL A – ARZÚA EFL B – CALLOBRE EFL C – SP ESTRADA A EFL D – CALLOBRE B |
|
Derrota do noso equipo xuvenil fronte o Grixoa por un axustado 4-3, con goles de Joselu, Pampín e Dani Reboredo. A xustiza do fútbol márcaa o resultado final dun partido. A xustiza do fútbol non entende de méritos dun equipo para conseguir unha victoria, non lle importa no escenario en que se vaia a xogar, non atende os fallos arbitrais, senon que lamentablemente só entende de goles marcados ó remate dun encontro. Os goles son os que cambian os partidos. Eses Goles que non estivemos acertados a hora de marcar tralas infinitas ocasións creadas, sobre todo a balón parado, 12 córners na primeira parte e un penalti incluido, pero que non conseguimos materialzar. E quen perdoa polo xeral a paga. Goles que sí conseguiu o equipo rival por puntuais erros e despropósitos nosos en defensa que costáronnos moi caro. Soementes queda canalizar o enfado xeral en máis traballo de cara o vindeiro encontro, onde seguiremos buscando a fortuna a base de bo fútbol, máis concentración e boa actitude. Por suposto, como o que nos caracteriza ata o de agora. |
|
Novas -
Prebenxamíns
|
|
Empeza o espectáculo. Si señores, o fútbol en estado puro. Os prebenxamíns comenzan a súa liga esta fin de semana. Para moitos será o comenzo da súa andadura neste mundo do fútbol. E como novidade este ano haberá campeonato galego prebenxamín para os campións de liga. A EFL presentará dous equipos, coma en anos anteriores, co único obxectivo de divertirse xogando cos seus compañeiros e amigos, lonxe de buscar victorias e puntos. As gradas, coma sempre, estarán ateigadas de aficionados e familiares que terán un sonriso marcado na súa cara de inicio ao fin. Lembrade animar aos rapaces, tanto na victoria coma na derrota, que eles, por suposto, van dar todo o que teñen para agradarnos. Mañá ás 15.30 no Cortizo:
EFL A – VAL DO ULLA
EFL B – SD CRUCES
|
|
|