|
Novas -
Alevíns
|
|
Chegou o Dépor e con el voaron os 3 puntos. Partido onde tivemos que sufrir, correr moito e no que non nos demos por vencidos, pero a súa superioridade nos fixo probar de novo o sabor da derrota (primeiro partido que perdemos este ano). Comenzabamos marcando pronto. Unha falta botada por Martín acababa cun bonito gol de David. 1-0 e sorpresa. Primeiro gol que encaixa o Dépor este ano en f-11. Pouco a pouco nos ían pechando no noso campo a base de presión e mantemento da posesión do balón. Pero como sempre, un par de erros fixeron que chegara primeiro o empate e depois o 1-2 cun golazo desde lonxe. Con este resultado chegamos ao descanso.
Na segunda metade, ainda que eles seguían a ser mellores, nos sacudimos un pouco o medo e fomos quen de crear un par de ocasións para lograr o empate. Pero cando mellor estábamos a xogar, unha contra cun penalti clarísimo destos que non se poden facer, co balón xa nas mans do noso porteiro, permitía aos herculinos sentenciar o partido. 1-4 definitivo
Pero boa imaxe a que demos neste partido, con moito traballo defensivo, pero onde quizais nos faltou un pouco máis de calma á hora de xogar o balón. Destacar a Martín no centro da defensa e a Gavieiro e Garrido no medio campo.
Na semana que ven temos que visitar Lugo para xogar contra a Residencia, que leva dúas victorias nos dous últimos encontros. Será o sábado e tentaremos manter o segundo posto da clasificación.
|
|
Nova victoria do noso equipo xuvenil fronte a SD Cacheiras por un axustado e sufrido marcador de 2-1, con ámbolos dous goles de Boyan. Tras un inicio de partido serios, concentrados, expeditivos na línea defensiva, sen pasar apuros nin deixar maniobrar ó rival, fomos quen de levar o ritmo do encontro ata conseguir encarrilar o partido tras unha xogada combinada de fermosa factura e mellor definicón entre Joselu e Boyan. Acadaron o empate os de Cacheiras tras unha falta lateral sen aparente perigo, pero a irresponsabilidade na marcaxe dentro da área levou o empate ó marcador. Tivo que ser noutra xogada elaborada con noso selo de identidade, precisión, velocidade e verticalidade, para subir o 2-1 ó marcador. Ata aquí estaría todo aceptable, pero os partidos duran 90 minutos, e foi precisamente esa segunda metade a que lle sobrou ó equipo, que tras unha falta de intensidade e seriedade, impropia dos nosos, veuse abaixo desaparecendo do mapa e do terreo de xogo, permitindo que o rival crease ocasións para acadar o empate, máis por demérito e desidia dos nosos que por acerto do rival. Rival que se atopou cun inspirado e acertado Lázara baixo os paos, que salvou ó equipo de repetir a mesma historia que acontecera no partido de ida, perder os 3 puntos. Se por goles foi, o marcador danos a victoria. Se por xogo fora, convén facer exame de conciencia para un equipo que ven amosando outra línea de traballo.
|
|
Novas -
Alevíns
|
|
Como comenza a fase polo título na Liga Alevín. O equipo A parte como favorito, despois de gañar todos os partidos da primeira fase e o equipo B tamén tentará disputalo xa que se mostrou como a alternativa máis forte na primeira metade do campionato. Pero os rivais agora son máis duros e non haberá partidos sinxelos.
O equipo C, pola súa parte, xa cumpliu o obxectivo marcado para esta tempada, que era meterse na loita polo título. Agora toca competir para tratar de quedar o máis arriba posible e dar algún que outro susto.
Pero xa esta semana puidemos ver claramente como vai ser isto. O equipo A vencía con claridade ao Arzúa por 5-1, pero lonxe do 11-1 da primeira volta (so facía 2 semanas do último enfrontamento). O equipo B pola súa banda non conseguía marcarlle ao Callobre A na nosa casa, un equipo ao que lle gañaramos 1-5 en San Martiño. Empate a 0. E a sorpresa do día foi o equipo C, agora con Toño no banco. Victoria con claridade fronte a un dos galiños: 8-3. Despois de aguantar ata o descanso cun empate a 2, na segunda metade destaparon o tarro das esencias ata chegar a ese resultado final.
No outro partido do grupo Touro e Cruces empataron a un gol, polo que EFL C é líder da competición, somentes seguido pola EFL A. So vai unha xornada, pero este liderato hai disfrutalo como se merece. Noraboa aos rapaces de Toño. |
|
Este sábado pola mañá se disputaron en Lalín 5 partidos de fútbol 7. 5 partidos nunha mañá, impresionante. E todos foron partidos moi disputados.
Ás 10.30 empezabamos con dous pratos fortes, para ir abrindo boca. EFL A – Arzúa e EFL B – Callobre A de categoría alevín. 4 dos 5 primeiros clasificados da primeira fase se enfrontaban en Lalín na mañá do sábado. Os nosos equipos viñan dunha semana difícil, con moitos xogadores saíndo ou entrando na gripe, que nos deixou un pouco tocados para esta fin de semana. O equipo de Sueiro tiña unha dura pedra de toque fronte ao Arzúa ao que nos enfrontamos coa baixa de Álvaro. 4-0 nos primeiros 15 minutos (hat trick de Garrido) deixaban o partido resolto. Despois baixón por parte dos nosos e 5-1 definitivo no marcador. Non fixemos bo fútbol, pero nestas circunstancias as forzas non nos acompañaban. O equipo de Cangado, pola súa parte, obtivo un empate que, polo visto no campo, fixo xustiza aos méritos duns e outros. Certo que partiamos coa baixa de Rodri, Diego, Alberto,… e que afrontábamos o partido con so 8 xogadores. O Callobre saiu decidido a ter o dominio da posesión e conseguiuno nos primeiros intres. Conforme o partido avanzaba o partido caía máis hacio o noso lado, pero sen conseguir crear ocasións claras. Ao final 0-0, resultado que poucas veces se da nestas categorías, que da idea do ben estructurados que están ámbolos dous equipos.
ÁS 12.00 un segundo plato tamén de contundencia. EFL A – SD Cruces e EFL B – Callobre C. O partido entre os equipos A de Lalín e Cruces, era unha repetición do xa xogado fai dúas semanas e no que gañaran os de Alex por 0-2. Con ánimo de revancha afrontamos este partido. Xogamos un bo partido, sobre todo de medio campo para diante, e conseguimos 2 goles antes do intermedio (Íker e Hugo). Andrés de falta, Fran de cabeza e David Lamas conseguiron levar o marcador ata o 5-1 definitivo. Golpe de autoridade dos de Nando, que terán que seguir traballando duro se queren lograr o título de liga. O equipo de Willy tivo un durísimo enfrontamento contra o Callobre C. 1-0 con gol de Guillermo foi o resultado final, ante un dos mellores equipos cos que loitarán pola copa benxamín. E ás 13.00 outro partidazo. Liga prebenamín, EFL A – SD Cruces. Bonito e igualado partido, onde os nosos apoiados na calidade de Rubén e César arriba e o gran traballo de Lucas e Cristian na recuperación e a saída xogada do balón, levounos á victoria final. Aínda que o resultado final foi de 5-1, é excesivo visto os méritos da SD Cruces. Somentes o gran acerto do porteiro local X. Manuel, home do partido, evitou que os Alex puideran achegarse no marcador aos nosos. Non é de extrañar ese abrazo de Willy.

Curiosidades do sábado. Nos dous partidos que xogamos no campo 1, non encaixamos ningún gol (tamén so marcamos 1), algo impropio deste nivel, sobre todo, tendo en conta o parello dos enfrontamentos. E aínda máis curioso, no campo 2 xogáronse 3 partidos e os 3 remataron co mesmo resultado: 5-1.
Bos resultados en partidos difíciles. 13 puntos de 15 posibles ante rivais durísimos. Noraboa a todos.
|
|
Novas -
Alevíns
|
|

Outra vez, e xa van moitas, os alevíns estiveron impresionantes. Esta vez o rival era durísimo: Imperátor Oar no campo de Elviña. Os seus números asustaban. Campión na súa liga con so un partido perdido en todo o ano, destronando a Calasanz e Luis Calvo. E no Torneo Calvo dúas victorias en dous partidos. 2-1 ao Conxo e 0-5 ao Ourense.
O partido se presentaba difícil, pero nos tamén estamos a mostrar un alto nivel competitivo. Empezaron eles dominando, pero sen perigo. Somentes a balón parado nos facían dano, pero si que podíamos ver que as súas accións individuais estaban plagadas de calidade. Pero cando nos sacudíamos a presión chegabamos con certo perigo á área rival. Nunha acción de intelixencia de Franchi, tiro lonxano, pero ben colocado que entra na porta rival. 0-1 que nos daba certa tranquilidade. Unha acción boa do rival unida a varios erros en cadea da nosa defensa, levou o 1-1 ao marcador. Curiosamente o seu gol chegou coa axuda da man, coma o noso a semana pasada. Así chegamos ao descanso, con moita igualdade no xogo e no marcador.
Na segunda non houbo cor. Axustes defensivos e un cambio de posición dos esquíos fixo que Joselu se convertira nun auténtico puñal pola banda esquerda, dando moitas asistencias que non eramos quen de concretar. David de punteiro nos poñía por diante. Manuel a falta de 4 minutos detivo un disparo a bocaxarro e nunha contra Joselu poñía o 1-3 definitivo.
Boa imaxe a dada polos nosos na Coruña, victoria xusta e 3 puntos que nos deixan empatados no liderato co Deportivo. A semana que ven duelo entre os dous no Cortizo ás 12.30. Pero desto xa falaremos ao longo da semana. Agora a disfrutar do liderato. |
|
Victoria do xuvenil da EFL ante o Peña Bodegón Arzúa por un contundente 1-7, con goles de Boyan (3), Joselu (2), Pampín e Iván. Tras un comenzo de partido moi igualado, onde o Bodegón presionou moito e moi arriba, os nosos conseguiron desfacerse da presión con acertadas intervencións na parcela defensiva, ata coller as rendas do encontro na zona ancha do campo, onde os 3 medios centros fixéronse co ritmo do partido, para asistir os dous puntas e empezar a crear unha ocasión de gol tras outra, destacando a xenerosidad de Juan, regalando dous goles cantados ó dianteiro. Así foron sucedéndose as xogadas e as ocasións, nas que a precisión dos pases verticais e a velocidade endiablada que tiñamos adestrado imprimirlle ó noso xogo de ataque saiu á perfección para rematar ó equipo local. Xa na segunda metade o encontro dominouse sen ningún apuro dende a línea defensiva, onde o porteiro e os 3 centrais, marcaron o ritmo e o equilibrio defensivo, e ainda así quedaría tempo e forzas para fabricar e materializar máis ocasións de gol ata acadar o resultado final. Merecido e traballado triunfo por parte dos nosos que continúan facendo gala do traballo ofensivo e defensivo en equipo.
|
|
|