Escola de Fútbol Lalín

Home

SOCIAL MEDIA EFLALIN



Resultados e goleadores



Torneo EFLalin



LOTERIA DE NADAL



Máximos Goleadores

XUVENÍS
EDGAR
10GOLES
BORJA
8GOLES
DAVID,IAGO
6GOLES
CADETES
ELOY
18GOLES
CARLOS
15GOLES
CUÑARRO
10GOLES
INFANTÍS
BRAIS
29GOLES
ALEX T
24GOLES
BARDELÁS
23GOLES
IKER
22GOLES
ALEVÍNS
SAMU
17GOLES
MANU
12GOLES
CESAR,RAUL
11GOLES
HUGO R
11GOLES
BENXAMÍNS
ALEX GARCÍA
34GOLES
DIEGO GLEZ
28GOLES
UNAI
16GOLES
ARIDANE
14GOLES
PREBENXAMÍNS
XULI
35GOLES
ALBERTE
22GOLES
AITOR
21GOLES
DIEGO
19GOLES
BIBERÓNS
___
0GOLES
___
0GOLES
___
0GOLES
___
0GOLES


¿Quién está en línea?

Temos 24 convidados en liña
Invitación á Presentación PDF Imprimir Correo-e
Novas - A Escola
Mércores, 09 Decembro 2009 09:10


Xa que na EF Lalín non só se vive de fútbol, este venres 11 de decembro tivo lugar unha actividade moi próxima e na que a Escola estivo amplamente representada. Desde a directiva, co seu Presidente á cabeza, pasando por adestradores, pais e nais, xogadores (aínda que a charla non era para eles) e incluso familias enteiras. Tratouse da
Presentación da novela "O Cabo do Mundo", de Xabier Quiroga.
Alí, ademais de saber quen era o da portada (queda alguén sen descubrir a Richi?), animamos a festa e tomamos uns "pinchos" ao final.
Desde a parte que lle toca ao autor, só me queda darvos as grazas a todos por ter asistido. Unha novela non nace nin se presenta todos os días, e se se fai sempre é mellor ben acompañado. Agora haberá que intentar lela. 

 
novo dominio da Ponte Ourense PDF Imprimir Correo-e
Martes, 08 Decembro 2009 08:49

Esta nova é para avisar do cambio de dominio da páxina web da Ponte Ourense. Así pasa de www.ponteourense.com a www.ponteourense.org. Se queredes consultala podedes entrar na zona de ligazóns e pinchar sobre o seu enlace.
 

 
PREPARANDO A FIN DE SEMANA PDF Imprimir Correo-e
Venres, 04 Decembro 2009 10:16

 

Preparados para un gran fin de semana de competición. Nada máis e nada menos que 10 partidos da Escola terán lugar no M. Anxo Cortizo este fin de semana (de 4 días). Esto si que é traer xente a noso pobo, algo que os nosos políticos sempre poñen de excusa para subvencionar eventos.

Ler máis...
 
CRÓNICA DOS ALEVÍNS PDF Imprimir Correo-e
Novas - Alevíns
Mércores, 02 Decembro 2009 15:56

E xa rematou esa grande fin de semana que nos estabamos a esperar. Dous duelos que se presumían igualados e, ao fin, remataron en empate. Ningún dos nosos equipos foi quen de acadar os 3 puntos, pero non debemos estar enfadados, porque competimos a un bo nivel.

Ler máis...
 
Xuvenís: recuperando o terreo perdido PDF Imprimir Correo-e
Novas - Xuvenís
Mércores, 02 Decembro 2009 09:24



Parece que, por fin, o equipo xuvenil de Toño está a responder ás expectativas. Con fútbol e resultados, despois de tres vitorias seguidas, os xuvenís da EF Lalín recuperan o terreo perdido tras unha fase da competición na que parecían confiados e daban demasiadas facilidades a contrarios supostamente máis débiles. Agora todo pareceu cambiar. Unha vez superados os problemas na portería (posición na que está a actuar Kevin, cadete de primeiro ano, debido a que Diego deciciu deixar o equipo), cunha solidez defensiva que non tiñan antes e na que se implican todos, cun medio campo agresivo e dominador, capaz de sacrificarse en tarefas defensivas e colaborar no ataque, e cuns dianteiros que seguen a crear infinidade de ocasións de gol e que por fin encontraron ao seu artilleiro en David Alvarellos, nun espectacular momento de forma, o equipo amosa esa solidez e eficacia que xa se vira na pretempada.
Agora os seareiros da Escola gozan deste bo momento, pero como a Liga é moi longa e cada partido unha historia diferente, non perdamos a concentración. Os obxectivos son os mesmos: facer bo fútbol e xogar a Fase de Ascenso. Por iso convén non descoidarse: hai que seguir apertando.

 
FIN DE SEMANA ALEVÍN PDF Imprimir Correo-e
Novas - Alevíns
Sábado, 28 Novembro 2009 10:44

Dende a coordinación alevín da Escola vos queremos invitar a dous grandes partidos que se celebrarán este domingo. O malo é que hai que escoller. Por un lado o equipo A, que se xoga gran parte da liga perante o todavía invicto Sp. Estrada A. E polo outro o igualadísimo derbi entre as escadras B e C da EFL.
Así ás 11.30 en A Estrada, xogaran os dous únicos equipos invictos da nosa liga que loitarán polo liderato da competición e ás 12.15 en Lalín poderedes ver un gran partido, cheo de gañas e, a sempre esperada, emoción polo resultado.
Non o dubidedes, son grandes partidos que non vos podedes perder, ao mellor so aptos para os valentes que desafíen o frio do noso campo.

 
BENVIDOS A NOVA PÁXINA WEB PDF Imprimir Correo-e
Novas - A Escola
Venres, 27 Novembro 2009 19:39

Comezamos esta nova andaina con moitas gañas e co interese por parte do todos e todas de que esta nova páxina web sirva de medio de comunicación entre os traballadores e directivos da Escola e os pais, nais, titotes, titoras, familias e afeccionados en xeral da EFL. Pero tamén con moita pena, pois supón o final do noso compañeiro de viaxe dende o 2007: o noso blog que se convertiu nun grande animador sendo consultado máis de 70.000 veces nestes dous anos (que se di pronto).

Desde a EFL comprometémonos a que esta web esté viva, que conteña novas recentes e que sexa actualizada cada pouco, para así manter o interese da nosa comunidade.

Nesta páxina poderedes consultar moitas seccións, xa o comprobaredes, pero esto non quere dicir que vaiamos pechar o blog. Na sección de historia poderemos ver como se fundou a Escola e pequenos resúmenes, pero o blog seguirá en activo para aqueles que queiran consultar a nosa historia máis recente.
E sen nada máis
Un brinde pola nova web

 
<< Inicio < Anterior 211 212 213 214 215 Seguinte > Final >>

Páxina 215 de 215

O PARTIDAZO EFL

 

 

Xogador da semana

Manu López

Cadete EFLalin

 

 

EQUIPO IDEAL EFLALÍN F8

 
Coñeces o perfil da nosa EFL no twitter?
 

Patrocinadores