Escola de Fútbol Lalín

Home

SOCIAL MEDIA EFLALIN



Resultados e goleadores



Torneo EFLalin



LOTERIA DE NADAL



Máximos Goleadores

XUVENÍS
EDGAR
10GOLES
BORJA
8GOLES
DAVID,IAGO
6GOLES
CADETES
ELOY
18GOLES
CARLOS
15GOLES
CUÑARRO
10GOLES
INFANTÍS
BRAIS
29GOLES
ALEX T
24GOLES
BARDELÁS
23GOLES
IKER
22GOLES
ALEVÍNS
SAMU
17GOLES
MANU
12GOLES
CESAR,RAUL
11GOLES
HUGO R
11GOLES
BENXAMÍNS
ALEX GARCÍA
34GOLES
DIEGO GLEZ
28GOLES
UNAI
16GOLES
ARIDANE
14GOLES
PREBENXAMÍNS
XULI
35GOLES
ALBERTE
22GOLES
AITOR
21GOLES
DIEGO
19GOLES
BIBERÓNS
___
0GOLES
___
0GOLES
___
0GOLES
___
0GOLES


Punto ante un bo equipo na LG cadete e remontada da EFLalín B na visita ao CrochaCF PDF Imprimir Correo-e
Novas - Cadetes
Mércores, 02 Novembro 2016 12:53

Liga Galega Cadete Copa CocaCola

Xornada 9ª

EF LALIN 2-2 Victoria C.F. “B”

Tres son xa as xornadas que acumula o Cadete EFL “A” sumando puntos de maneira consecutiva. Neste caso visitaba o Anexo Anxo Cortizo un dos rivais encaramados nos postos altos da táboa, o Victoria CF “B”.

As cousas comezaron ben para os nosos que se adiantaron moi pronto, grazas a un gol de Brais, logo de recibir un pase de Carlos, tralo saque rápido dunha falta.

Este tanto deu confianza os dezanos, quenes non foron capaces de incrementar a súa renta e viron, como co paso dos minutos o Victoria facíase co mando do encontro. O seu dominio obtivo o premio buscado e os coruñeses conseguiron o gol do empate. E máis, Uxío cun par de intervencións impediu que variase o marcador antes do descanso.

 

No segundo tempo mudou o plan de xogo dos locais, pero non o do control e ritmo que seguía sendo do equipo coruñés. Isto permitiulles acadar un novo tanto, que parecía ser definitivo. Nembargantes, o ímpetu e insistencia, chegou en forma de gol e punto, para un equipo que sin realizar o mellor dos encontros competiu ante un dos rivais fortes da categoría. O encargado de conseguir o empate foi Quintana, cun gran cabezazo, previo centro de Andrés, un dos mellores do encontro.

A vindeira semana o equipo trasládase ó Mundo do Fútbol para xogar contra o Depor “B”.

1ª Autonómica Cadete Coca CocaCola

Xornada 10ª

Crocha CF 3-5 EF LALIN B

Partido moi irregular do noso cadete EFL B. A nosa primeira parte foi moi mala onde non fomos capaces de contrarrestar a velocidade e o xogo directo do equipo local. No minuto 10, Diego Beloso tería a mala sorte de marcar en propia meta, pouco despois empataría Navia tras un rexeite do porteiro. Pero non o merecíamos e así no minuto 20, non somos capaces de despexar o balón nun córner e o segundo gol do Crocha. 10 minutos mais tarde parecía que sentenciaban o partido co 3-1 e así nos fomos o descanso contra un rival que non era superior a nos, pero que aproveitaba as súas virtudes.

Realizamos 2 cambios do descanso para contrarrestar a velocidade deles e comezamos a dominar o partido. No minuto 10, David cunha falta case dende medio campo marcaría o noso segundo gol. No minuto 60 chegou a xogada clave, balón o espazo para Hugo que o central deles corta ca man cando este se quedaba só diante do porteiro, falta case na liña de área e expulsión para o xogador local; gran lanzamento de Xabi e empate a 3. Buscamos a remontada en varias ocasións, pero non chegaría ata o minuto 75, xogada individual de Xixán que da o pase atrás para que Xabi de novo marque o 3-4. O Crocha intentou buscar o xogo directo e xa no desconto Hugo nun pase longo aproveitou para marcar o 3-5 definitivo.

Partido no que o mellor foi o resultado e a actitude dos xogadores na segunda parte e onde cometemos erros en defensa moi graves. Destacar o partido de Xabi en medio campo e o de Aarón de lateral onde fixo un gran encontro.

 

 

O PARTIDAZO EFL

 

 

Xogador da semana

Manu López

Cadete EFLalin

 

 

EQUIPO IDEAL EFLALÍN F8

 
Coñeces o perfil da nosa EFL no twitter?
 

Patrocinadores